A UDC expón as súas investigacións arqueolóxicas
No marco da exposición “Primeiras civilizacións. Exipto e Mesopotamia no Museo de Montserrat”, que se inaugura mañá mércores, 5 de outubro, na sede da Coruña da Fundación Novacaixagalicia, o equipo de investigación arqueolóxica da Universidade da Coruña que coordina Juan Luis Montero Fenollós, profesor de Historia Antiga na Facultade de Humanidades, presentará os resultados dos seus dous principais proxectos: a torre de Babel e o Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio.
A participación da UDC nesta exposición, organizada pola Fundación Novacaixagalicia e o Museo de Montserrat, está formada pola proxección permanente do audiovisual “Torre de Babel. Historia e mito”, no que entre outras cousas o espectador poderá realizar unha visita virtual á cidade de Babilonia e aos seus principais monumentos, dous paneis explicativos e unha mostra das principais publicacións realizadas ata a data polo citado equipo de investigación.
Tell es-Sin, Siria, xuño de 2005.

No hay comentarios:
Publicar un comentario